O pregón da Feira do Libro do Porriño

O club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño será o pregoeiro da Feira do Libro do Porriño deste ano, e estamos moi agradecidas polo convite e polo orgullo que supón inaugurarmos este evento tan importante no panorama literario do noso concello, falando e compartindo convosco o noso sentir arredor do que máis nos gusta:Seguir lendo “O pregón da Feira do Libro do Porriño”

As horas roubadas

Antes de arrancar coa programación especial Do Libro ás Letras estivemos a ler e comentar As horas roubadas, de María Solar; unha novela que nos fixo viaxar ao ano 1979 e que serviu para establecer e compartir conexións propias entre o presente e o pasado.   Xénero: Narrativa /Novela. Sinopse/información: “A morte dun ancián queSeguir lendo “As horas roubadas”

Día Mundial da Poesía e Día Mundial do Teatro

No mes de marzo conmemoráronse dous xéneros que están tamén presentes habitualmente no club de lectura, alén do xénero narrativo. Por unha beira, o día 21 celebrouse o Día Mundial da Poesía, e, pola outra, o día 27, o Día Internacional do Teatro. Na última sesión do club quixemos sumarnos ás conmemoracións..

Exposición e conferencia: ‘Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa’

O Concello do Porriño presenta hoxe unha exposición na que se poden ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa nos anos 1928, 1929 e 1930. A mostra poderase ver no Centro Cultural ata o 11 de maio.

Volve ‘Do Libro ás Letras’

Dende o club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño volvemos celebrar este ano o Día do Libro e o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial: con varias actividades en aberto que enlazarán as dúas festividades.

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos