‘Queridas viejas’, de María Gimeno

Loli, participante do club de lectura, comparte connosco esta reportaxe sobre Queridas viejas, de María Gimeno. Queridas viejas é unha conferencia performativa na que se introducen mulleres artistas no manual de Historia da Arte de E. H. Gombrich (1909-2001), un libro co que numerosas xeracións estudaron arte en todo o mundo mais que só inclúeSeguir lendo “‘Queridas viejas’, de María Gimeno”

Os contidos do Festival Virtual do Libro de Galicia, FLIV, pódense ver en aberto

Ao longo dos tres días, o 26, o 27 e o 28 de marzo, desenvolvéronse máis dunha trintena de actividades arredor da cultura.

‘Un biolo na noite’

Nesta publicación quero falarvos de algo literario que, desta vez, me toca a min directamente. Coido que sempre, e máis nestes momentos, é bonito compartir as alegrías. Neste caso, quero compartir convosco a alegría que levei ao saber que gañara o I Premio de Microteatro da Memoria.

Xela Arias será a homenaxeada no Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicar a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. Xela Arias foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea e desenvolveu un importante labor como tradutora de textos da literatura universal ao galego, así como editora. Na ligazón anterior tedesSeguir lendo “Xela Arias será a homenaxeada no Día das Letras Galegas”

Artigo “Razones para estar felices”

Loli, participante do club de lectura, comparte e recomenda este artigo de opinión de John Carlin no xornal arxentino Clarín. Nel, o autor fala dunha das súas últimas lecturas, La humanidad: una historia esperanzadora, de Rutger Bregman, e como aborda dun xeito optimista o momento actual.

Dramaturxia contemporánea, na Erregueté

A Revista Galega de Teatro, Erregueté, publica en todos os seus números en papel textos teatrais contemporáneos. Na súa páxina web, na sección de textos, pódense descargar gratuitamente en formato pdf algúns deses títulos: https://erreguete.gal/textos

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos