Lemos xuntas?

Nesta sección formúlanse periodicamente propostas de lectura conxunta (nunha adaptación virtual das dinámicas do club de lectura presencial) e recóllense os podcasts das nosas actividades. 

‘Fahrenheit 451’, de Ray Bradbury

O autor escribiu esta novela en nove días, nunha máquina de escribir de alugueiro no soto dunha biblioteca. Porén, tiña como base diferentes relatos breves que fora publicando nos anos anteriores.

Podcast do club arredor de Xela Arias

Despois de afondar na biografía e na obra da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, neste podcast fixemos unha lectura conxunta poñendo voz entre todas a un fragmento do seu libro ‘Darío a diario’.

‘Un viejo que leía novelas de amor’, de Luis Sepúlveda

Xénero: novela curta. O autor: Luis Sepúlveda naceu en Ovalle (Chile), no ano 1949, e faleceu en 2020 en Oviedo (España), a causa do COVID-19. Era fillo dunha enfermeira de orixe mapuche e dun militante comunista. Destacou como escritor, xornalista e cineasta, así como activista. Foi autor de poemas, contos, novelas e textos teatrais. ASeguir lendo “‘Un viejo que leía novelas de amor’, de Luis Sepúlveda”

Feliz Día do Libro

Dende o club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño celebramos este ano o Día do Libro dun xeito moi especial: compartindo unha fotografía onde saímos todas a ler un libro, o elemento que nos mantivo unidas na distancia física da pandemia. Este detalle cobra máis relevancia ao cumprirse xa máis dun ano en queSeguir lendo “Feliz Día do Libro”

‘La palabra heredada’, de Eudora Welty

Desta vez volvemos ás lecturas máis longas. Nelas, estivemos a ler varias novelas de autores norteamericanos situadas na segunda década do século XX. Leramos Vinieron como golondrinas, unha novela de William Maxwell con detalles autobiográficos, en que a personaxe da nai, presentada na voz dos tres personaxes masculinos principais, era realmente a protagonista. Despois lemosSeguir lendo “‘La palabra heredada’, de Eudora Welty”

“O canario”, de Katherine Mansfield

Nesta lectura optamos por un texto moito máis curto pero cargado dunha gran sensibilidade e que se abre a múltiples lecturas e reflexións. Xénero: relato curto. A autora: Katherine Mansfield foi o pseudónimo empregado pola escritora neozelandesa Kathleen Beauchamp (1888 –1923), unha das grandes expoñentes do conto moderno. Os seus relatos destacan pola súa capacidadeSeguir lendo ““O canario”, de Katherine Mansfield”

‘Canción de Navidad’, de Charles Dickens

Xénero: narrativa (relato ou conto). O autor: Charles Dickens está considerado un dos principais expoñentes da literatura británica do século XIX e un dos escritores británicos máis famosos de todos os tempos. Destacou no seu labor como novelista e autor de relatos curtos, que plasmaban a sociedade da súa época e nos que destacaban osSeguir lendo “‘Canción de Navidad’, de Charles Dickens”

Portada de La librería ambulante

‘La librería ambulante’, de Christopher Morley

Nesta lectura optamos por un texto moito máis alegre e desenfadado, con toques cómicos, que destaca por ser un canto de amor aos libros e polo seu detemento nos pequenos detalles da vida. Aquí podedes consultar a guía de lectura e comentario.

Vinieron como golondrinas, de William Maxwell

Nesta lectura retomamos os textos longos, despois de centrarnos nestes últimos meses en textos breves, e en formato físico. Xénero: novela. O autor: William Maxwell (Illinois, 1908 – Nova Iorque, 2000) foi un escritor e editor literario estadounidense. Cando tiña dez anos, súa nai faleceu debido á gripe. Isto marcoulle e tamén se viu reflectidoSeguir lendo “Vinieron como golondrinas, de William Maxwell”

Cargando…

Something went wrong. Please refresh the page and/or try again.


Segue o noso blogue

Recibe novo contido directamente na túa bandexa de entrada.

Contacta co club se tes algunha dúbida ou queres comentarnos algo

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: