Recursos

Aquí recóllense recursos de interese sobre a lectura. 


Préstamo e descarga de títulos


Préstamo dixital de libros en Galicia Le

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.


Audiolibros


Audiolibro: Negra sombra, de Rosalía de Castro

Ligazón de descarga desde Librivox, unha páxina que ten o reto de facer que todos os libros de dominio público estean dispoñibles, de forma gratuíta, en formato de audio na internet.


Blogs literarios


Blog sobre lectura: Lecturafilia

É un blog creado por Tensi Gesteira, onde se comentan libros e outros contidos relacionados coa literatura.

Blog literario: Criticalia

O crítico literario Armando Requeixo desenvolve no seu blog Criticalia a crítica e reseña de libros, así como diferentes publicacións de interese sobre a lectura.

Blog literario: BiosBardia

BiosBardia é unha revista dixital sobre libros en galego. Publican noticias e reportaxes. Tamén entrevistas e críticas sobre libros en galego e noutros idiomas, tanto sobre literatura coma de calquera outro tema de interese: https://biosbardia.wordpress.com


Entrevistas, artigos e outros contidos de interese


‘Un biolo na noite’

Nesta publicación quero falarvos de algo literario que, desta vez, me toca a min directamente. Coido que sempre, e máis nestes momentos, é bonito compartir as alegrías. Neste caso, quero compartir convosco a alegría que levei ao saber que gañara o I Premio de Microteatro da Memoria.

Xela Arias

Xela Arias será a homenaxeada no Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicar a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. Xela Arias foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea e desenvolveu un importante labor como tradutora de textos da literatura universal ao galego, así como editora. Na ligazón anterior tedesSeguir lendo “Xela Arias será a homenaxeada no Día das Letras Galegas”

Entrevista a Tania Alonso

A escritora porriñesa fala con Son do Louro sobre o seu libro ‘En mi garganta’, con motivo da saída da segunda edición.

Poema de amor dedicado á nena interior

Loli, participante do club de lectura, recomenda este vídeo en que unha usuaria da casa de acollida Pepe Bravo, en Málaga, comparte con Joanna Powell un fermoso poema de amor dedicado á nena interior.

Artigo “Razones para estar felices”

Loli, participante do club de lectura, comparte e recomenda este artigo de opinión de John Carlin no xornal arxentino Clarín. Nel, o autor fala dunha das súas últimas lecturas, La humanidad: una historia esperanzadora, de Rutger Bregman, e como aborda dun xeito optimista o momento actual.

Feliz Idade, de Olga Novo

O poemario Feliz Idade, de Olga Novo, vén de ser galardoada co Premio da Crítica de Poesía en galego e co Premio Nacional de Poesía. Recollemos aquí varios materiais.

‘Atlas’, de Alba Cid

A poeta galega Alba Cid vén de gañar o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández polo seu libro Atlas (publicado na Editorial Galaxia).

‘Carrusel’, de Berta Dávila

A escritora galega vén de gañar o Premio da Crítica 2019 de narrativa pola súa obra ‘Carrusel’, ao que se suma gañar tamén o Repsol de Narrativa Breve por ‘Illa decepción’.

Documental sobre a escritora Margaret Atwood

Loli, participante do club de lectura, comparte este interesante documental sobre a escritora Margaret Atwood, poeta, novelista e autora de, entre outras moitas obras literarias, O conto da criada.

Louise Glück, Premio Nobel de Literatura 2020

A poeta e ensaísta estadounidense Louise Glück vén de gañar o Premio Novel de Literatura. Xa gañara outros importantes recoñecementos; entre eles o Premio Pulitzer 1993 por El iris salvaje.


Segue o noso blogue

Recibe novo contido directamente na túa bandexa de entrada.

Contacta co club se tes algunha dúbida ou queres comentarnos algo

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: