‘Darío a diario’, de Xela Arias

Esta lectura é especial pois nela queremos facer un achegamento e unha pequena homenaxe á figura e á obra de Xela Arias, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Para iso imos afondar na súa biografía e na súa creación e imos facer unha lectura conxunta poñendo voz entre todasSeguir lendo “‘Darío a diario’, de Xela Arias”

‘Un viejo que leía novelas de amor’, de Luis Sepúlveda

Xénero: novela curta. O autor: Luis Sepúlveda naceu en Ovalle (Chile), no ano 1949, e faleceu en 2020 en Oviedo (España), a causa do COVID-19. Era fillo dunha enfermeira de orixe mapuche e dun militante comunista. Destacou como escritor, xornalista e cineasta, así como activista. Foi autor de poemas, contos, novelas e textos teatrais. ASeguir lendo “‘Un viejo que leía novelas de amor’, de Luis Sepúlveda”

Feliz Día do Libro

Dende o club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño celebramos este ano o Día do Libro dun xeito moi especial: compartindo unha fotografía onde saímos todas a ler un libro, o elemento que nos mantivo unidas na distancia física da pandemia. Este detalle cobra máis relevancia ao cumprirse xa máis dun ano en queSeguir lendo “Feliz Día do Libro”

‘La palabra heredada’, de Eudora Welty

Desta vez volvemos ás lecturas máis longas. Nelas, estivemos a ler varias novelas de autores norteamericanos situadas na segunda década do século XX. Leramos Vinieron como golondrinas, unha novela de William Maxwell con detalles autobiográficos, en que a personaxe da nai, presentada na voz dos tres personaxes masculinos principais, era realmente a protagonista. Despois lemosSeguir lendo “‘La palabra heredada’, de Eudora Welty”

“O canario”, de Katherine Mansfield

Nesta lectura optamos por un texto moito máis curto pero cargado dunha gran sensibilidade e que se abre a múltiples lecturas e reflexións. Xénero: relato curto. A autora: Katherine Mansfield foi o pseudónimo empregado pola escritora neozelandesa Kathleen Beauchamp (1888 –1923), unha das grandes expoñentes do conto moderno. Os seus relatos destacan pola súa capacidadeSeguir lendo ““O canario”, de Katherine Mansfield”

‘Canción de Navidad’, de Charles Dickens

Xénero: narrativa (relato ou conto). O autor: Charles Dickens está considerado un dos principais expoñentes da literatura británica do século XIX e un dos escritores británicos máis famosos de todos os tempos. Destacou no seu labor como novelista e autor de relatos curtos, que plasmaban a sociedade da súa época e nos que destacaban osSeguir lendo “‘Canción de Navidad’, de Charles Dickens”

Podcast do club sobre ‘La librería ambulante’

A partir da lectura conxunta da novela La librería ambulante, de Christopher Morley, fixemos un podcast coas análises e reflexións das participantes do club arredor do libro. Podédelo escoitar premendo na seguinte ligazón: https://anchor.fm/club-de-lectura-do-porrio/episodes/Podcast-do-Club-sobre-La-librera-ambulante-epmtgu

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos