Marina recomenda ‘La carretera’ e ‘Golpes de luz’

Marina, participante do club de lectura, recomenda La carretera, de Cormac McCarthy; unha novela galardoada co Premio Pulitzer en 2007.  “Nun mundo arrasado por unha hecatombe nuclear a falta de alimentos é un dos principais problemas, até o punto de converter ao capitalismo a parte dos humanos sobreviventes. Neste contexto, un pai e un fillo de curta idade van fuxindo por unha interminable estrada cara ao mar, onde supoñen que a vida lles vai resultar máis doada. O pai, ferido grave, sabe que non vai chegar, pero aínda así, loita con todas as súas forzas para deixar o seu fillo a salvo.

Este tipo de novelas (distopías), pese a parecernos deprimentes ou escuras, sempre nos fan reflexionar sobre o mundo que lle imos deixar os nosos fillos. Tamén sobre a calidade dos seres humanos, capaces de, en situacións límite, perder toda a súa decencia para salvarse, mentres que outros loitan ata o final por todo o contrario, poñer a salvo a outras persoas e así perpetuar unha especie mellorada. É un libro que non deixa indiferente; non é amable pero si que ao final nos deixa un atisbo de esperanza”.

E Marina tamén recomenda Golpes de luz, de Ledicia Costas, publicada en 2021: “Interesante novela chea de humor, contada a tres voces, a avoa, a filla e o neto, onde un segredo familiar é o eixo da historia, pero onde se poñen de manifesto temas tan importantes como o narcotráfico na Galicia dos 90, ou o mundo dos coidados familiares. É interesante que se poña de manifesto o punto de vista da persoa que recibe eses coidado, pois habitualmente non se ten en conta; só se pon o acento no coidador, mentres que o coidado pasa a segundo plano, sen darnos conta que para estas persoas asumir que xa non se poden valer por si mesmas e necesitan axuda é un golpe moi forte, sobre todo se toda a vida foron persoas acostumadas a levar o peso da vida, como acontece nesta novela”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: