‘La mujer de la libreta roja’, de Antoine Laurain

Nesta lectura cambiamos de terzo e viaxamos a Francia, da man dun autor actual, Antoine Laurain, Porén, hai elementos que seguen a conectar esta novela coas anteriores, en canto á presenza dos libros, ao xeito de  fixarse nos detalles…

Xénero: novela.

O autor: Antoine Laurain naceu en París a comezos dos anos setenta. Formouse e comezou a traballar no mundo do cinema, dirixindo curtametraxes e escribindo guións. A súa paixón pola arte levouno a traballar como asistente dun anticuario, e a experiencia moveuno a escribir a súa primeira novela, Ailleurs si j’y suis, coa que gañou o premio Drouot en 2007. O seu libro Le chapeau de Mitterrand, publicado en 2012, tamén gozou dun grande éxito entre a crítica, os lectores e os libreiros e libreiras, que lle deron o premio Landerneau Découvertes.

Ademais de ser un dos autores máis vendidos dos últimos anos en Francia, a súa obra ten sido traducida a moitos idiomas, nos que tamén está a ter moita popularidade.

Sobre o texto: La mujer de la libreta roja foi a súa quinta novela e foi publicada no ano 2015.  

Observacións para a lectura e o comentario:

Ao igual que nas lecturas anteriores, estamos ante un libro curto en extensión pero cheo de detalles e que require unha lectura demorada.

·O punto de vista: La mujer de la libreta roja é que está narrada en terceira persoa, por un narrador omnisciente que coñece o xeito de pensar dos personaxes principais e que vai poñendo o foco en cada un deles. Estes son Laure e Laurent (o autor empregou o mesmo nome na súa forma feminina e masculina para os dous personaxes protagonistas; e, curiosamente, o apelido do escritor é Laurain). Porén a voz narradora tamén segue a William, o compañeiro de traballo de Laure, e a Chloé, a filla de Laurent, cando esta vai buscar a Laure. Non están marcados os cambios (de foco) a outro personaxe, fanse só a través dunha pequena separación entre parágrafos.

Porén, a primeira persoa si que aparece nas anotacións de Laure no seu caderno, primeiro como listaxes de cousas que lle gustan e de cousas que lle dan medo, e logo, cando está a procurar a Laurent, como entradas a xeito de diario.

·O punto de partida: O punto de partida da trama do libro é o roubo que experimenta Laure ao volver unha noite á casa. O seu bolso roubado serve de ponte para conectala con Laurent, xa que este atopa o bolso abandonado enriba dun contedor do lixo e, intrigado polos obxectos que atopa nel, inicia unha investigación para atopar a súa propietaria.

Vós adoitades levar bolso? Que cousas adoitades levar nel? Que cousas das que levades vos daría máis mágoa perder? Que credes que transmitiría ou que diría de vós o voso bolso se alguén o atopase? En relación co caderno vermello que leva Laure no bolso e que, en realidade, é o elemento máis íntimo que contén e que máis deixa coñecer sobre ela, vós tamén tedes un caderno onde anotades cuestións que vos resultan interesantes, que se vos ocorren, que vos apetece deixar recollidas por escrito, ou levades un diario?

·O tratamento do tempo: A novela ten un avance lineal, aínda que con algún salto ao pasado, especialmente da man do recordo ou dos soños dos personaxes, como os soños que ten Laure mentres está en coma, ou a lembranza que ten Laurent despois do soño arredor daquela vez en que case se tira do alto dun edificio, e que logo sería o que desencadearía que decidise cambiar de vida: deixar a banca e abrir unha libraría. No caso dos soños de Laure, xorden varias cuestións interesantes: como cambian lixeiramente os lugares que coñecemos cando soñamos con eles; ou como en momentos de crise, como o coma, pasan por diante dos ollos imaxes da vida: ela soña cos seus pais, co gato que tiña na súa infancia,c o seu marido, Xavier Valadier, que era reporteiro de guerra e morreu en Iraq…

·O espazo: A novela sitúanos en París (lugar de nacemento do autor) na época actual. Ao longo da narración vanse nomeando diferentes lugares da capital francesa e tamén se recolle o seu ambiente. Outra cousa curiosa son os prezos que recolle Laure no seu diario do que tomou nunha terraza, e que permiten ter unha perspectiva do valor que teñen as cousas nesa cidade.   

· Os diálogos: As intervencións non van precedidas de guións ou entre comiñas; van incorporadas na narración, o que fai que haxa que prestar máis atención para ver quen vai facendo cada intervención. Que vos parece este xeito de presentar os diálogos? Tamén acontece ás veces cos pensamentos, non só dos personaxes principais, senón tamén doutros máis secundarios aínda que tamén claves para que Laurent atope a Laure, como no caso do autor Fréderic Pichier (o que lle resolve o xeroglífico do chaveiro de Laure), do que se introduce unha secuencia longa de pensamento que vai incorporada na narración.

·O desenvolvemento da trama: Nun primeiro lugar é Laurent quen procura a Laure. Porén, logo é Laure quen procura a Laurent, producíndose un xogo de espellos. Que vos pareceu o xeito en que o autor introduce e desenvolve a intriga desas dúas procuras? Resultouvos interesante?

·Os libros: Laurent é libreiro e na novela introdúcense diferentes referencias literarias. No libro conviven autores reais, como Patrick Modiano, Jean Echenoz ou Amélie Nothomb, con autores ficticios, como Frédéric Pichier. É moi interesante como introduce a Modiano, premio Goncourt en 1978 e o Premio Nobel de Literatura en 2014, no que pode considerarse unha homenaxe de Antoine Laurain a Modiano. Laurent tamén se pregunta como vai afectar ao libro en papel o crecente aumento de lectura en dispositivos electrónicos (“¿Resistiría el libro en papel a aquella maravilla tecnológica?”). Ademais, Laurent ten un xeito moi curioso de organizar os seus libros: sitúa xuntos os libros dos autores que se levarían ben e separados os que non. Vós tedes algún criterio á hora de organizar os vosos libros?

·A arte: Hai diferentes elementos no libro relacionados coa arte, un tema polo que o autor ten especial interese, e que, como xa sinalamos, o levou a traballar como asistente dun anticuario, experiencia que o movería a escribir a súa primeira novela. Laure é douradora e traballa nun taller dedicado a este oficio. Ademais, Laure ten no recibidor unha bandexa cunha decena de chaves antigas, todas elas douradas; e resulta que unha das afeccións de  Antoine Laurain, o escritor do libro, é, precisamente, coleccionar chaves antigas.

·O amor e as relacións de parella: Na obra ofrécense diferentes abordaxes do amor e das relacións de parella. Hai un contraste entre Laurent, que aínda confía en encontrar parella no mundo analóxico, no día a día, e o seu amigo Pascal, que ten perfil en todas as plataformas dixitais de citas e non quere atopar parella, só ter citas íntimas con diferentes mulleres, que obxectualiza ao clasificalas en carpetas no seu ordenador como conquistas e posibles conquistas. Resulta tamén moi curiosa a ruptura entre Laurent e Dominique, cando el di “Me voy”, e Dominique di aos demais que non lle fagan caso. E introdúcese a seguinte reflexión: “¿Cómo uno puede desaparecer tan fácilmente de la vida de alguien?”; para logo engadir: “Quizá con la misma facilidad, a fin de cuentas, con la que se entra en ella”. A novela fala, pois, dos amores que rematan, como o de Laurent coa nai de Chloé, Claire; dos amores efémeros. como o del e Dominique, e logo os amores de dúas persoas que o destino une e que son moito máis compatibles, como el con Laure. E tamén aparecen historias de amores que se separan e se reencontran anos máis tarde e volven xuntarse, como William, que se reencontra co seu antigo amante Julien, ao que facía dez anos que non vía, e sente que podería ser o home da súa vida.

Que vos parece que alguén poida namorarse de alguén que non coñece a partir do que lle transmite o que esa persoa leva no seu bolso, do que esa persoa escribe, da sensación de calma que sente o estar na súa casa? Vós sentistes algunha vez esa “nostalxia do posible” que sente Laurent, nostalxia de algo que non sucedeu, algo que puido ser e non foi, ou algo ou alguén con quen vos cruzades e vos conecta con algo que puidestes vivir pero non chegastes a facelo?

Outra cuestión interesante, que se vincula tamén coas relacións de parella, pero non só; tamén nas familias, coas amizades, no eido laboral ou noutros contextos sociais é a que se recolle nesta reflexión: “¿Cuántas cosas nos sentimos obligados a hacer por principios, por conveniencia o por educación, cosas que nos pesan y no cambian en absoluto el curso de los acontecimientos?”.

· Estereotipos: Cando o arquitecto que ía acudir a aquela cea á que foi Laurent con Dominique non aparece, Laurent pensa que ao mellor decidiu “quedarse en Madrid para ir de tapas con alguna bailaora”, recollendo varios dos estereotipos que hai fóra arredor de España (tapas e flamenco).  Logo, ao final do libro, o autor emprega o recurso de conectar diferentes personaxes e lugares, en sincronismo e mesmo serendipia, como se todo fluíse e coincidise nese momento exacto. Que vos pareceu o final e o xeito en que está narrado?

·Diferentes xeracións: Ademais do que se deixa ver na novela, no xeito en que Laurent e a nai educan a filla, nunca dicíndolle que non a nada, especialmente Laurent, tamén se narran de xeito explícito algunhas diferenzas xeracionais. Chloé considera a adolescencia de Laurent a “prehistoria”, cando non había teléfonos móbiles e había que chamar a casa dos pais. Ou Laure, ao falar da idea que rebota na súa mente, lembra un xogo da infancia/adolescencia: “Aquel videojuego de la prehistoria de la electrónica, formado por dos líneas y un punto, en el que había que pasarse el punto desplazando las líneas verticales de cada lado de la pantalla”.

· O estilo do autor: A pesar de que a novela arranca xerando a intriga a partir do roubo e do golpe que leva Laure, o libro ten tamén un ton repousado en canto aos detalles que se introducen. Ademais, como xa recollemos, os diálogos e os pensamentos van fiados dentro da narración, e o autor vai introducindo tamén correos electrónicos, sms, fragmentos das listas do caderno de Laure, entradas do que escribe ao final como diario…

Que vos pareceu o xeito de escribir do autor a partir deses recursos? Resultouvos interesante? Resultouvos difícil de ler?

·A relación coa lectora/lector: Credes que o autor consegue conectar connosco? Fíxovos conectar co que conta e con como o conta?  

Algunhas cuestións interesantes que se poden abordar á hora de desenvolver a lectura e o comentario, ademais das que xa se foron sinalando, son:

— Que vos transmitiu a lectura? Transmitiuvos algunhas sensacións?

— Que cousas vos chamaron a atención durante a lectura?

— Que vos gustou do libro e por que? Houbo algo que non vos gustase e por que? (Proponse facer sempre un comentario crítico, razoado).

— Que conexións vos fixo establecer a lectura? Lembrouvos algo (outra lectura, unha vivencia persoal…)? Fíxovos pensar sobre algo?

E, centrándonos nos aspectos concretos desta obra:

—Que vos pareceu a historia e o xeito en que se nos conta?

—Que vos pareceron os personaxes da obra? Atopastes neles unha complexidade?

Indicacións e tempos de lectura: A data límite para devolver o libro na biblioteca é o martes, 3 de agosto (incluído). Podedes enviarme tamén o comentario tamén ata esa data.  

Curiosidades e referencias:

· O nome dos gatos. O nome do gato da infancia de Laure chamábase Sarbacane, que significa cerbatana. O seu gato chámase Béphegor, que é o nome dun demo na tradición xudeu-cristiá, que se vincula coa preguiza. Por outra beira, Chloé, a filla de Laurent, púxolle ao seu gato de nome Putin polo actual presidente de Rusia.

·Algúns autores e obras que se mencionan no libro:

Un amor de Swann, que forma parte de En busca del tiempo perdido, de Marcel Proust.

Las amistades peligrosas, de Pierre Choderlos de Laclos.

—Edgar Allan Poe

Charles Pierre Baudelaire

—Arthur Rimbaud

—Jacques Prévert

Paul Éluard

—Stendhal

—Albert Camus

Louis-Ferdinand Céline.

Stéphan Mallarmé

Bashung

Jean-Paul Sartre

Houellebecq

Alain Robbe-Grillet.

—John Irving, La novia imaginaria.

—Sophie Calle

2 pensamentos sobre “‘La mujer de la libreta roja’, de Antoine Laurain

  1. Una tarde, después de una reunión de trabajo del mundo de las finanzas, La Défense, Laurent toma una importante decisión, deja su trabajo.”El hombre en quien se estaba convirtiendo era justo lo contrario de quien era en realidad”
    “El desajuste entre el ideal y la realidad es demasiado grande”
    Decide montar una librería y dedicarse a su pasión, LOS LIBROS
    “La biblioteca atesoraba lo que más apreciaba. Incluso se cuidaba de no poner juntos autores que no se entendían.
    Una mañana encuentra un bolso encima de un contenedor de basura y ahí empieza una historia de misterio y amor.
    En esa época Laurent mantenía una relación rutinaria con una mujer.
    “Existen amores efímeros destinados a morir desde el comienzo”
    “¿Cuantas cosas nos sentimos obligados a hacer por principios, por conveniencia o por educación? Cosas que nos pasan y no cambian en absoluto el curso de los acontecimientos”
    Examina repetidamente el contenido del bolso: perfume, pintalabios piedras, fotografías, un libro de Modiano dedicado que le impacta positivamente y sobre todo la moleskine. Ahí descubre sus filias, sus fobias, sus pensamientos más íntimos, su alma…Y se enamora.
    Un día un cliente le pregunta si tiene “Nostalgia de lo posible” de A. Tabucci. “Sí, la tengo”
    Eso era exactamente lo que sugería el autor. “Uno pasa al lado de algo importante, de un amor, de una profesión, de una mudanza a otro país. O a otra vida.”
    “Hemos pasado tan cerca de algo que una parte permanece”
    Con la ayuda y complicidad de Chloé, incluso de Modiano, que forma parte, a modo de homenaje, del relato consigue su objetivo, encontrar a la dueña del bolso, Laure.

    Laure, doradora de profesión, viuda, sin apenas familia vive y trabaja en París. Una noche en la puerta de su casa le roban el bolso que tiran después de quedarse con el dinero, tarjeta, teléfono, y dejan lo más importante para su dueña. Lo que no se puede restituir y siempre lleva con ella.
    A consecuencia del golpe pasa unos días ingresada en un hospital, en coma.
    Una vez recuperada recibe el alta y su médico le recomienda que “haga cosas hermosas, que sea feliz , al menos inténtelo”
    Al llegar a casa encuentra el bolso con todos sus “tesoros” y la carta de Laurent con la cita de Modiano
    “Hay seres misteriosos, siempre los mismos, que montan guardia en todas las encrucijadas de nuestra vida”
    Y en ese momento es consciente que Laurent sabe lo que le gusta, da miedo, sus sueños…
    Ningún hombre aparte de su marido tenía acceso a su alma y ahora un hombre que jamás había visto lo sabía todo de ella. El final es feliz

    El amor por los libros es evidente en Antoine Laurain, autores, citas, inclusión de Modiano como personaje…
    Y los gatos Belphégor, Putin, Sarmacande, sugieren una permanencia siempre en su vida.
    El espiritu parisino está presente en pequeños cafés, placitas, pequeños detalles, y en sus precios!
    Chloé participa de forma activa en la búsqueda y el encuentro. Decidida y espontánea es la nota fresca

    Me ha resultado muy agradable la lectura. Sin la menor duda la recomendaría.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: