Os contidos do Festival Virtual do Libro de Galicia, FLIV, pódense ver en aberto

Esta fin de semana celebrouse a segunda edición do Festival Virtual do Libro de Galicia, o FLIV. Ao longo dos tres días, o 26, o 27 e o 28 de marzo, desenvolvéronse máis dunha trintena de actividades arredor da cultura. Nelas tiveron o seu lugar as celebracións literarias deste 2021 arredor das figuras de Emilia Pardo Bazán, Xela Arias e Álvaro Cunqueiro, e contidos sobre poesía, narrativa e artes escénicas. Ademais, a situación da cultura desde a pandemia formou tamén parte inevitable dos argumentos desta edición do festival. Velaquí tedes o programa completo.


Esta segunda edición do FLIV contou cun sistema operativo similar á primeira edición, que tivo lugar en xuño de 2020. O festival puido seguirse a través do portal aloxado en www.fliv.gal, onde estarán aloxados os contidos (charlas, mesa redondas, conversas ou debates, presentacións de libros por parte das respectivas editoras a través dos seus representantes e intervencións teatrais) durante un ano. Tamén se poden ver, tanto os desta edición como os da anterior, na canle en YouTube do festival.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: