‘Un biolo na noite’

Nesta publicación quero falarvos de algo literario que, desta vez, me toca a min directamente. Coido que sempre, e máis nestes momentos, é bonito compartir as alegrías. Neste caso, quero compartir convosco a ledicia que levei ao saber que gañara o I Premio de Microteatro da Memoria (convocado pola Deputación de Pontevedra e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) con Un biolo na noite, e contarvos un pouco de como xurdiu este texto teatral, por se vos pode resultar de interese.

O xerme foi coñecer a historia de Guillermo Vicente Santiago, o último alcalde republicano de Tui, que logo do golpe franquista tivo que vivir durante case catro anos agochado nun furado na adega da casa da súa nai María, onde morreu enfermo de tuberculose e onde tivo tamén que ser enterrado en segredo para que a familia non sufrise represalias.

Porén, o detonante que me levou a escribir esta peza foi saber como a súa nai, María, unha muller xa maior, percorría moitos quilómetros a pé ou en burro para irlle buscar as medicinas ao fillo enfermo, e como ía vender roscas ás feiras para poder manterse e mantelo. Quixen que o texto fose unha homenaxe poética, libre, a unha muller que, como tantas outras, abriu un biolo, unha fenda pola que pasase a luz no medio da escuridade. Nela está tamén a memoria de todas esas outras mulleres, dos seus sacrificios e heroicidades silenciados e esquecidos.

O universo feminino está moi presente nas miñas creacións. Adoito escribir sobre mulleres que están nas marxes: mulleres maiores, mulleres que a sociedade non quere ver ou que xa non están, mulleres esquecidas, mulleres fortes, mulleres diferentes, mulleres valentes, mulleres silenciadas… A natureza é outro dos elementos recorrentes na miña poética, non só como espazo senón como fonte e medio de autocoñecemento.

Estes dous temas, o rol da muller e a natureza, de feito, están tamén presentes na última lectura do club, La librería ambulante, de Christopher Morley, e son moi interesantes os comentarios e reflexións que estades a facer arredor deles.

Déixovos a ligazón a varias noticias que se publicaron arredor da resolución do certame e do texto:

· Na web da Deputación de Pontevedra.

· Na Erregueté (Revista Galega de Teatro).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: