Marina recomenda ‘¿Qué fue de los cantautores?’

Marina, participante do club de lectura, vén de rematar o libro ¿Qué fue de los cantautores?, de Luis Pastor, e recomenda a súa lectura:

“É un libro de poesía para xente coma min, que me custa ler poesía. Luis Pastor foi un deses cantautores que se fixo coñecido nos últimos anos do franquismo polas súas reivindicacións a través da música, en favor das clases populares de barrios como Vallecas, pasando despois case ao esquecemento, como outros moitos, coa chegada dos anos 80.

Neste libro narra toda a súa vida desde o seu nacemento nunha aldea de Extremadura ata os días de hoxe, pasando pola emigración da súa familia ata afincarse en Madrid, onde el se fixo cantante. Está escrito en octosílabo e é moi fácil de ler, case que dun tirón, porque ademais da súa vida fai un repaso á historia máis recente de España, á vez que contesta, polo que a el respecta, a pregunta do título do libro”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: