Préstamo dixital de libros en Galicia Le

Galicia Le é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Galicia Le proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas (ficción, informática, historia, ocio etc.) e para todas as idades.

En Galicia Le atoparedes dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores. No caso dos libros, poderedes facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.

Ligazón a Galicia Le: https://www.galiciale.gal/

Deixar un comentario

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos